Nas aulas de 3 anos comezamos unha nova aventura… esta vez, rumbo ao espazo!
E para poder viaxar polo universo necesitabamos algo moi importante: o noso propio foguete!
Puxémonos mans á obra e decorámolo con moita ilusión. Coloreámolo con rotuladores, picamos un pouquiño coa axuda do punzón —que xa descubrimos que cansa un pouquiño e aínda estamos comezando a practicar— e, por suposto, non podía faltar o máis divertido: enchelo de estelas de lume para que o noso foguete poida avanzar rapidísimo polo espazo!
Pero… unha viaxe tan longa dá fame! Por iso, cada foguete levaba un pequeno tubo con chocolate, o noso combustible especial para recuperar forzas durante a viaxe.
Agora xa estamos preparados para despegar, descubrir planetas, estrelas e galaxias e, sobre todo, vivir xuntos unha aventura chea de maxia, descubrimentos e moita imaxinación.
3, 2, 1… DESPEGAMOS!















No hay comentarios:
Publicar un comentario