Hoxe foi un día moi especial… Comezamos o 2º ciclo de Educación Infantil e abrimos as portas da nosa nova aula de 3 anos!
Chegamos ao cole cargados de ilusión, curiosidade e moitas ganas de descubrir todo o que nos agarda. Coñecemos o noso cole, as profes, os nosos compañeiros e tamén aos compis maiores, que xa levan un tempiño facendo do cole a súa segunda casa.
Visitamos o patio, a biblioteca e outros recunchos do colexio, e pouco a pouco fomos descubrindo que aquí hai un mundo enteiro por explorar.
Pero o mellor de todo foi compartir, xogar, sorrir, coñecernos un pouquiño máis e comezar a construír novas amizades. Hoxe demos os primeiros pasos dunha aventura que estamos seguros de que estará chea de aprendizaxes, xogos, descubrimentos, abrazos e momentos inesquecibles.
E como un día tan importante merecía quedar para sempre na nosa memoria, quixemos inmortalizalo cunha súper foto!
Faltounos un compi que hoxe non puido saír nela, pero non pasa nada… xa sairá en moitísimas máis fotos con nós! Porque somos un gran equipo e, xuntos, imos vivir un montón de aventuras.
Somos os PITIÑOS de 3 anos e esta aventura non fixo máis que comezar!
E se queredes ver máis fotiños deste mes de setembro, pinchade NESTE ENLACE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario