Aquí vos deixo a planificación semanal da aula de 4ª Ed.Infantil. Se pinchades enriba da imaxe, podédelo descargar en PDF e imprimilo.
O horario, por se queredes telo na casa en formato escrito, o podedes descargar e imprimir desde a columna esquerda do blog (nos espacios en branco levaremos a cabo actividades diversas de maneira globalizada). Na aula utilizaremos dito horario con pictogramas e será de xeito manipulativo o seu uso atendendo á diversidade da aula.
O horario é a modo de referencia pero lembrade que a organización en infantil é globalizada e flexible, e pode sufrir modificacións dependendo dos intereseses do alumnado, imprevistos de interese, actividades complementarias dentro ou fóra do cole, etc.
RUFITECA (María Fanjul e María Otero)
- Á Rufiteca iremos para facer o préstamo de contos e contar un conto.
- Comezaremos durante o mes de outubro - principios de novembro (ainda pendente de data de comezo) xa que a biblioteca con abre ata outubro e despois levaremos a cabo sesións de achegamento ó préstamo de libros aos peques.
- Os contos deben "viaxar" nunha bolsiña que decoraremos previamente. A duración do préstamo será de 1 semana, polo que se o leva o luns, debe traelo de volta o luns para poder coller outro (no caso de non traelo non pode coller un novo).
- No caso de perda ou romper o libro, deberase mercar outro novo para a biblioteca por parte da familia responsable.
- O préstamo so se pode facer na nosa sesión dos luns dado que, as outras sesións da semana, están ocupadas por outros grupos e outras sesións de traballo.
- Iremos coa mestra María Otero, titora de 4 anos, que nos apoiará nesta sesión.
OBRADOIRO DE ARTE / IOGA (Tanya / María Fanjul)
- Nestas 2 sesións faremos desdobre, é dicir, dividiremos a aula en 2 grupos e, mentres un grupo está na sesión de arte coa mestra Tanya, o outro grupo estará na sesión de Ioga coa titora no ximnasio. E, na seguinte sesión, viceversa, intercámbianse os grupos.
- Na sesión de ioga, utilizaremos un tipo de esterilla que mercarei e farémolos cos calcetíns.
MÚSICA (Nuria)
- Acudirán a aula de música que está no primeiro andar e disfrutarán de actividades relacionadas coa música, aprenderán cancións, actividades de movemento...
PLEA (David)
- Disfrutarán ducha sesión enfocada á reforzar a parte lingüística, vocabulario, vocalización, sons, ... de maneira lúdica co mestre especialista en audición e linguaxe.
RELIXIÓN E ALTERNATIVA (Marisé / María Fanjul)
- Levaremos estas sesións de maneira simultánea coa mestra de Reli (Marisé) e a titora.
- Os de alternativa, quedarán coa titora na aula (onde se realizarán actividades de valores a traves de contos, xogos grupais, actividades de sensibilización, reflexión...).
PSICOMOTRICIDADE (Víctor)
- Disfrutarán de actividades de psicomotricidade grosa no ximnasio ou no patio exterior. Deben vir con roupa deportiva e tenis con velcro.
RECUNCHOS CORREDOR E NA AULA (Tanya / María Fanjul)
Nestas 2 sesións faremos desdobre novamente, é dicir, dividiremos a aula en 2 grupos e, mentres un grupo está xogando fóra, no corredor coa mestra Tanya, o outro grupo estará na aula coa titora xogando nos recunchos na aula con actividades máis dirixidas. E, na seguinte sesión, viceversa, intercámbianse os grupos.
INGLÉS (Sandra)
- Actividades de achegamento a unha língua estranxeira a través de xogos, cancións e actividades lúdicas coa mestra especialista en inglés.
CONTACONTOS
- Continuamos un ano máis coa sesión de todo o ciclo de educación infantil na biblioteca na que disfrutaremos de sesións de contos a cargo das mestras como das familias voluntarias que veñen contarnos un conto nesta hora (vendes de 13:40 aa 14:15h). Se estades interesadas e interesados, comunicádello á titora para que xestionen a organización (se é posible, podedes repetir).
- Hai ocasións que modificaremos este tempo por unha sesión de cine (con gusanitos).

No hay comentarios:
Publicar un comentario